EUREKA
Red Activista por la Renta Básica Incondicional

SORTEO RBI EUROPA

PROBA UNHA RENDA BÁSICA POR UN ANO

¿Que é un sorteo europeo de Renda Básica Incondicional?

É un sorteo financiado con doazóns– Ao rexistrarse alguén para o sorteo, pedimos doazóns, que son voluntarias. Non hai que doar para poder inscribirse no sorteo.

Cada vez que consigamos 9.600 euros sortearémolos, pagando 800 euros ao mes durante un ano, sen ningunha condición.

Pode participar calquera cidadán da Unión Europea maior de 16 anos.

Non hai que pagar para entrar no sorteo (NON é unha lotaría)

¿Por que facemos o sorteo?

O sorteo axúdanos a conseguir o millón de sinaturas da ICE.

Moita xente quererá probar a RBUI durante un ano, o que nos servirá para difundir a ICE.

Queremos que aquí, como fan en Alemaña, moitas persoas comprendan e divulguen a idea da Renda Básica Universal. Mein Grundeinkommen, o colectivo que leva anos realizando estes sorteos en Alemaña, chegou a ter un millón de usuarios rexistrados.

Unha parte das doazóns para o sorteo utilízase para axudar a sufragar os gastos de campaña e difusión da Iniciativa Cidadá Europea que se orixinen nos distintos países.

A institución responsábel chámase UBI4ALL (Renda Básica Incondicional para Todos) e ten a súa sede en Holanda. Ela é a encargada de recoller os datos dos participantes inscritos, recoller as doazóns e entregar os premios aos gañadores do sorteo.

Esta institución ten como obxectivo o pago dunha Renda Básica Incondicional obtida con doazóns, a cidadáns aleatorios (persoas físicas) de Europa que se teñan rexistrado.

Rexístrate no sorteo! Fai a túa doazón se queres contribuír a este fermoso proxecto! Podes inscribirte no sorteo en https://es.ubi4all.eu/

Deste xeito axudarás a concienciar sobre a Renda Básica Incondicional e talvez sexas ti quen consiga un ano de Renda Básica Incondicional.

Compartir en: