Firma aqui

Apoia esta iniciativa para pór en marcha Rendas Básicas Incondicionais en toda a UE!

INICIATIVA CIDADÁ EUROPEA

Unha Iniciativa Cidadá Europea (ICE) é unha especie de iniciativa lexislativa popular que se leva ao Parlamento Europeo para o seu debate e posíbel aprobación. Consiste en recoller 1 millón de sinaturas, con cadanseu número do documento de identidade, de cidadáns europeos que avalen a iniciativa. E deben recollerse, cando menos, en 7 países da Unión Europea (UE), en cada un dos cales as sinaturas deben acadar un número mínimo -dependendo da súa respectiva poboación- número que se dá a coñecer no regulamento da ICE. O prazo para recoller sinaturas e documentos é de 1 ano.

Unha vez rematada a campaña, e se tivo éxito, tanto a Comisión Europea como o Parlamento Europeo deben conceder audiencia ás persoas organizadoras da ICE, pronunciándose tamén sobre se apoiarán ou non a proposta e se tomarán medidas posteriores para poñela en marcha.

E que pretende concretamente esta ICE?

Logo ICE Renta Básica IncondicionalPois esta ICE pide á Comisión Europea que elabore unha proposta para introducir Rendas Básicas Incondicionais en toda a UE, que reduzan as disparidades rexionais e reforcen a cohesión económica, social e territorial da UE. Pero, ademais, esta ICE ofrécenos unha excelente oportunidade para situar o tema da RBUI nun primeiro plano do debate social, logrando unha maior difusión e unha información máis correcta sobre a mesma, fronte ao silencio, nuns casos, ou o tratamento nesgado e inexacto co que se trata esta cuestión na maioría das novas que se dan ao respecto. A recollida de sinaturas comezará o 25 de setembro de 2020 e prolongarase ata o 25 de setembro de 2021

. Pódese facer en papel, pero efectuarase principalmente en liña, grazas á plataforma de recollida de sinaturas electrónicas proporcionada pola UE.

Compartir en: